Profesorado da EMM

Victor Collazo

Comeza os seus estudos musicais á idade de 8 anos na escola de Santa Cruz de Ribadulla; os cales continúa no Conservatorio Profesional de música de Santiago de Compostela. Na súa estancia en Santiago, é membro da Escola de Altos Estudios Musicais de Galicia (EAEM) e da Orquestra Xove da Sinfónica de Galicia cos profesores Jon Etterbeek e Petur Eiriksson.

No 2009 trasládase a Zaragoza para estudar no Conservatorio Superior de Música de Aragón cos profesores Ximo Vicedo (trombón solista da Orquesta Radio Televisión Española) e Daniel Perpiñan; onde acada o título de profesor na especialidade de trombón no 2013. Nese mesmo ano é admitido no Conservatorium Van Amsterdam (Holanda) para estudiar con Raymond Munnecom (trombón baixo de Royal Concertgebouw Orchestra).

Foi membro das orquestras xoves a nivel nacional e internacional como Jove Orquestra Nacional de Catalunya (JONC), Joven Orquesta y coro de la comunidad de Madrid (JORCAM), Joven Orquesta de Euskal Herria (EGO), Orquesta de la Escuela Superior de Música Reina Sofía, Joven Orquesta Nacional de España (JONDE) e Nederlandse Orkest (NJO). Perfecciona a práctica do trombón da man de recoñecidos profesores tales como Faustino Nuñez Pérez, Santiago Blanco, Baltasar Perelló, Víctor Belmonte, Stefan Loyer, Charlie Vernon, Gilles Milliere, Walter Voglmayr, Joseph Alessi, Stefan Schulz, Jörgen Van Rijen e Bart van Lier.

No ámbito profesional, colabora coa Real Filharmonía de Galicia, Orquesta Sinfónica de Galicia, Orquesta de Cadaqués, Orquesta y Coro de Radio Televisión Española e a Orquesta Sinfónica de Navarra. Tamén actúa baixo a batuta de prestixiosos directores como Antoni Ros Marbá, Pietro Rizzo, Jaime Martín, Pablo González, Xian Zhang, Víctor Pablo Pérez, Cristóbal Soler e Jesús López Cobos entre outros.

Na actualidade é o trombón baixo de Ljubljana International Orchestra (Eslovenia) que compaxina coa súa labor pedagóxica, sendo profesor de trombón e bombardino na Escola de Música de Santa Cruz de Ribadulla e na Escola Municipal de Santiago de Compostela.

  • Facebook - Círculo Negro
  • Twitter - Black Circle
  • Instagram - Negro Círculo
  • YouTube - Black Circle