Profesorado da EMM

Simona Kantcheva

Nace en Varna (Bulgaria) onde comeza a estudar piano aos 5 anos coa profesora E.Zvetkova. Gradúase con matrícula de honra no Instituto Nacional das Artes de Varna e completa os seus estudos na Facultade da Teoría da música, Composición e Dirección da Academia Nacional de Música de Sofía (Bulgaria) coa pianista Liliana Stefanova, o compositor Bentzion Eliezer e a organista Neva Krasteva entre outros profesores. Ademáis, realizou unha Tese sobre os Problemas rítmicos nos dictados polifónicos.

 

Dende o ano 1993 por oposición, traballou como profesora titular no Instituto Nacional das Artes de Varna ata a súa chegada a España no ano 1997.

 

En Santiago de Compostela colabora como pianista acompañante na Escola de Altos Estudos Musicais (EAEM) dende o ano 1999, e actúa con frecuencia coa Real Filharmonía de Galicia (RFG) dende o ano 2000.

 

Na actualidade tamén colabora coa Orquesta Sinfónica de Galicia(OSG) da Coruña, coas Bandas Municipais de Santiago e Coruña,e foi pianista acompañante do Coro da OSG en varios proxectos. Traballou baixo a batuta dos directores A.Ros Marbá, H.Rilling, P.Daniel, D.Slobodeniouk, A.Ceccato, E.Izquierdo, J.Martín, M.Nesterowicz e M.Zumalave entre outros. É pianista acompañante e profesora de Piano, Harmonía e Análise, Educación auditiva e Coro da EMM.

  • Facebook - Círculo Negro
  • Twitter - Black Circle
  • Instagram - Negro Círculo
  • YouTube - Black Circle