Matrícula

Música e Movemento 3 a 7 anos (MeM)

Plan de Educación Xeral (PEX) de 8 a 15 anos

Plan de Educación Para Adultos (PEPA) de 16 anos en diante

 

Ábrese a inscrición para novo alumnado na Escola Municipal de Música

A Concellaría de Educación e Cidadanía vén de publicar a relación de prazas vacantes na Escola Municipal de Música para o curso 2019/2020. Así, o prazo de preinscrición para este novo alumnado estará aberto dende este xoves 23 de maio ao mércores 5 de xuño.

As persoas interesadas en matricularse deberán cumprimentar o impreso de preinscrición, que poden descargar desta web municipal, pedila na propia EMM ou directamente no Rexistro Xeral ou Auxiliar do Concello, para unha vez cuberta entregala nestes dous últimos nos prazos indicados no Rexistro Xeral ou Auxiliar do Concello. Neste momento do proceso non é necesario achegar ningunha outra documentación. É requisito imprescindible que a persoa solicitante figure empadroada no Concello de Santiago cunha antigüidade mínima de seis meses no momento da preinscrición.

Para calquera dúbida, os/as solicitantes poden chamar directamente á EMM, aos teléfonos 881 956 924 e 636979527, ou enviar un correo electrónico á dirección info@esmucompostela.es.

Preinscripción escola infantil de música: formulario de preinscripción para alumnos de 3 a 7 anos

Preinscripciónplan de estudos xeral PEX: formulario de preinscripción para alumnos de 8 a 15 anos

Preinscripción plan de adultos PEPA: formulario de preinscripción para alumnos maiores de 16 anos

Preinscripción escola aberta: formulario de preinscripción para alumnos maiores de 8 anos que estén interesados só en linguaxe musical ou agrupación.

*Nota: Estos formularios deberán ser presentados debidamente cumprimentados no Rexistro Xeral do Concello do 23 de maio ao 5 de xuño. Tamén se poden solicitar estes formularios alí mesmo.

  • Facebook - Círculo Negro
  • Twitter - Black Circle
  • Instagram - Negro Círculo
  • YouTube - Black Circle