Search

Sesións didácticas nos centros educativos

Updated: Mar 2

Este martes comezou o 9º Ciclo de Sesións Didácticas que a Escola Municipal de Música de Santiago vén realizando nos centros de ensino de Compostela. "Quen é quen. Os instrumentos que viven na EMM" é o título deste programa, que se desenvolverá durante o mes de febreiro.

Estas sesións didácticas teñen como obxectivo promover o achegamento da música aos máis pequenos e pequenas na rede de centros educativos de Compostela. O ciclo está destinado ao alumnado do 1º e 2º curso de Educación Primaria.


En cada xornada, dous músicos da EMM visitan os centros educativos. Presentan os instrumentos (clarinete e saxofón, violín e frauta traveseira, acordeón e guitarra, trombón e trompeta, viola, guitarra eléctrica e percusión), describen as súas características e posibilidades melódicas e explican as diferentes formas musicais de interpretación. Os músicos interpretan ao tempo diferentes pezas musicais.



66 views
  • Facebook - Círculo Negro
  • Twitter - Black Circle
  • Instagram - Negro Círculo
  • YouTube - Black Circle