Sesión didáctica da Escola Municipal de Música no CEIP López Ferreiro
Updated: Mar 2, 2020
O pasado martes 12 de febreiro a Escola Municipal de Música visitou o CEIP López Ferreiro para impartir unha das sesións didácticas programadas dentro do ciclo do presente curso 2018/2019. O profesor de clarinete e gaita Pablo Pascual e o profesor de saxofón Óscar Fernández realizaron un percorrido arredor da historia da música dende o Barroco ata nosos días. Tamén estiveron presentes durante toda a sesión o alcalde Martiño Noriega e o concelleiro de Educación e Cidadanía Manuel Dios. Estas sesións didácticas teñen como obxectivo promover o achegamento da música aos máis pequenos e pequenas na rede de centros educativos de Compostela. O ciclo está destinado ao alumnado do 1º e 2º curso de Educación Primaria e tamén ás crianzas do ciclo 0-3 anos.