Search

Publicación das prazas vacantes e apertura de prazo de inscrición para novo alumnado - Curso 2021/22

Updated: May 20

Finalizado o prazo de renovación de praza do alumnado actual da Escola Municipal de Música para o curso 2021-2022, publícanse as prazas vacantes e a apertura dos prazos de inscrición para o novo alumnado.


Do 10 ao 31 de maio é o prazo establecido para a solicitude de inscrición na Escola Municipal de Música do novo alumnado que desexe matricularse na oferta educativa da Escola, de acordo coas prazas vacantes para o curso 2021-2022, do que se achega documento.


As persoas interesadas en matricularse deberán cumprimentar o impreso de inscrición, que poden descargar da web do Concello, da web da Escola Municipal de Música ou solicitándoa por correo electrónico á EMM: info@esmucompostela.es, para unha vez cuberta presentala mediante unha destas opcións:


• A través da sede electrónica do Concello de Santiago

( https://sede.santiagodecompostela.gal/ ) escolla “Inscrición na Escola Municipal de

Música” dentro do catálogo de trámites dispoñible.

• Mediante cita previa no Rexistro Xeral do Concello de Santiago chamando ao teléfono 881 505 107 ou a través da páxina web: https://citaprevia.santiagodecompostela.gal/ (os formularios necesarios para a presentación están ao final deste artigo)


IMPORTANTE: Se no presente curso 2020/21 quedaron en situación de lista de agarda, deben volver presentar a solicitude para o curso 2021/22.


É requisito imprescindible que a persoa solicitante figure empadroada no Concello de Santiago ou que curse estudos da ensinanza obrigatoria ou estudos de grao medio, superior ou estudos universitarios en Santiago de Compostela.






(1) A obtención de praza non garante que os horarios que se ofrecen sexan compatibles coas necesidades dos solicitantes.


As solicitudes de inscrición podédelas descargar nas seguintes ligazóns:







898 views0 comments

Recent Posts

See All
  • Facebook - Círculo Negro
  • Twitter - Black Circle
  • Instagram - Negro Círculo
  • YouTube - Black Circle