Search

PROTOCOLO DE ADAPTACIÓN AO CONTEXTO DO SARS-COV-2 NA ESCOLA MUNICIPAL DE MÚSICA DE SANTIAGO

Updated: Oct 5

A COVID-19 é unha infección respiratoria emerxente causada polo SARS-CoV-2 (severe acute respiratory syndrome coronavirus 2), un coronavirus que se detectou por primeira vez en decembro de 2019 na cidade de Wuhan, China.O 11 de marzo de 2020 a Organización Mundial da Saúde elevou a situación de emerxencia de saúde pública ocasionada polo COVID-19 á categoría de pandemia internacional.

O presente protocolo ten por obxecto o establecemento das medidas preventivas, colectivas e individuais, que deben adoptarse no inicio do desenvolvemento do curso escolar 2020/2021 na Escola Municipal de Música, tanto polo persoal docente e non docente como polo alumnado e as súas familias, co obxectivo de protexer e previr no máximo posible o risco de contaxio por COVID-19. A vixencia destas medidas estará suxeita á situación e a evolución da pandemia, e serán revertidas cando sexa posible

O conxunto de medidas incluídas no presente protocolo etán baseadas en recoñecidos estudos científicos internacionais, e principalmente nun amplo estudo realizado polo Instituto de Medicina para Músicos (FIM),o Hospital Universitario e a Escola Superior de Música de Friburgo (Alemania) que leva por título “Avaliación do risco de infección do coronavirus no ámbito da música”.

Do mesmo xeito, para a elaboración deste protocolo fomos obxecto de asesoramiento médico por parte da Unidade de Enfermidades Infecciosas do Hospital Clínico de Santiago de Compostela. O protocolo será obxecto de revisión continua en función da evolución do risco sanitario e das decisións que adopten as autoridades sanitarias autonómicas e estatais. Estas medidas iranse actualizando cando sexa necesario, se os cambios na situación epidemiolóxica e os resultados das investigacións en curso así o requiren.





78 views

Recent Posts

See All
  • Facebook - Círculo Negro
  • Twitter - Black Circle
  • Instagram - Negro Círculo
  • YouTube - Black Circle