Prazo de preinscrición para novo alumnado no curso 2020-2021
O vindeiro luns 18 de maio dará comezo o prazo de preinscrición para novo alumnado no curso 2020-2021 na Escola Municipal de Música. Esta é toda a información a ter en conta:
PUBLICACIÓN PRAZAS VACANTES: 15 DE MAIO DE 2020
DÍA 18 DE MAIO - INICIO PRAZO PREINSCRICIÓN
DÍA 5 DE XUÑO - REMATE PRAZO PREINSCRICIÓN
As solicitudes poderán recollerse:
· Preferiblemente descargándoas na páxina web do Concello de Santiago (www.santiagodecompostela.gal) ou na da Escola Municipal de Música (www.esmucompostela.es)
· Solicitándoa por correo electrónico á Escola Municipal de Música: info@esmucompostela.es
As solicitudes poderán presentarse:
· Polo rexistro, de forma telemática: https://rec.redsara.es/registro/action/are/acceso.do
· Polo rexistro do Concello de Santiago (pedindo cita previa no teléfono: 981543122)
· Por correo electrónico: dptoeducacion@santiagodecompostela.gal
Deberán indicar no asunto: SOLICITUDE PRAZA EMM. CURSO 2020-2021
IMPORTANTE: Se no presente curso 19/20 quedaron en situación de lista de agarda, deben volver presentar a solicitude para o curso 20/21
Outras cuestións de interese:
O solicitante debe estar empadroado ou cursar estudos oficiais no municipio de Santiago de Compostela
Para solicitar máis información poden chamar ao 636 979 527 ou escribir ao info@esmucompostela.es
