Prazas vacantes e prazos de preinscrición para novo alumnado - Curso 2020/2021
Publícase a relación de prazas vacantes na Escola Municipal de Música e infórmase da apertura de prazo de preinscrición para novo alumnado - Curso 2020/2021
Finalizado o prazo de renovación de praza do alumnado actual da Escola Municipal de Música para o curso 2020 - 2021, publícanse as prazas vacantes e a apertura dos prazos de preinscrición para o novo alumnado.
Do 18 de maio ao 5 de xuño é o prazo establecido para a solicitude de preinscrición na Escola Municipal de Música do novo alumnado que desexe matricularse na oferta educativa da Escola, de acordo coas prazas vacantes para o curso 2020-2021, do que se achega documento.
As persoas interesadas en matricularse deberán cumprimentar o impreso de preinscrición, que poden descargar da web do Concello, da web da Escola Municipal de Música ou solicitándoa por correo electrónico á EMM: info@esmucompostela.es para unha vez cuberta presentala nunha destas opcións:
· Polo rexistro, de forma telemática: https://rec.redsara.es/registro/action/are/acceso.do
· Polo rexistro do Concello de Santiago (pedindo cita previa no teléfono: 981543122)
· Por correo electrónico:dptoeducacion@santiagodecompostela.gal
Deberán indicar no asunto: SOLICITUDE PRAZA EMM. CURSO 2020-2021
IMPORTANTE: Se no presente curso 19/20 quedaron en situación de lista de agarda, deben volver presentar a solicitude para o curso 20/21
Neste momento do proceso non é necesario achegar ningunha outra documentación. É requisito imprescindible que a persoa solicitante figure empadroada no Concello de Santiago ou que curse estudos da ensinanza obrigatoria ou estudos de grao medio, superior ou estudos universitarios en Santiago de Compostela.

(*) Cómpre sinalar que se a evolución da pandemia xerada pola COVID-19, leva a decretar medidas extraordinarias que afecten ao funcionamento da EMM, éstas poden influír no número de prazas que se poidan finalmente adxudicar.
(1) A obtención de praza non garante que os horarios que se ofrecen sexan compatibles coas necesidades dos solicitantes.