Search

Listaxe provisional de admitidos/as na Escola para o curso 2019-2020

Updated: Mar 2

A Concellaría de Educación e Cidadanía comunica a exposición pública da listaxe provisional de admitidos/as na Escola Municipal de Música para o curso 2019-2020. Ábrese agora un período de reclamación de 10 días naturais, pasados os cales se establece un prazo de matrícula do 24 de xuño ao 5 de xullo.

Unha vez finalizado o período de preinscrición para novo alumnado e feitas as comprobacións pertinentes no Padrón Municipal, celebrouse este martes 11 de xuño o sorteo das seguintes especialidades: Preparatorio a MeM (4º infantil - 3 anos), Música e Movemento I (5º infantil - 4 anos), Iniciación Musical I (1º primaria - 6 anos), Piano (PEX), Piano (PEPA), Percusión (PEX), Percusión (PEPA) e Baixo Eléctrico (PEX).

Como resultado do devandito sorteo e das demais solicitudes recibidas, elaborouse a lista provisional de admitidos/as que pode consultarse no documento adxunto. Establécese un período de reclamacións de 10 días naturais dende a publicación da lista provisional. Resoltas as reclamacións, abrirase o prazo de formalización de matrícula do 24 de xuño ao 5 de xullo na Secretaría da Escola Municipal de Música.





0 views
  • Facebook - Círculo Negro
  • Twitter - Black Circle
  • Instagram - Negro Círculo
  • YouTube - Black Circle