Search

Inscrición de novo alumnado para o curso 2020-2021

Unha vez rematado o periodo oficial de inscrición para o presente curso 2020-2021, e coa finalidade de cubrir as prazas vacantes existentes nas diferentes especialidades que se imparten na Escola Municipal de Música, queda aberta a posibilidade de inscrición ata o 27 de novembro. No caso das especialidades que non teñan praza actualmente, as solicitudes pasarán a formar parte dunha lista de agarda, en rigurosa orde de inscrición, e que será válida ata o 27 de novembro de 2020.


Música e Movemento 3 a 7 anos (MeM)

Plan de Educación Xeral (PEX) de 8 a 15 anos*

Plan de Educación Para Adultos (PEPA) de 16 anos en diante*

Escola Aberta


* Poderán seleccionar unha única especialidade instrumental


A Escola Municipal de Música conta cun Protocolo específico de actuación de cara á situación actual provocada pola incidencia do Covid-19 que garante todas as medidas de hixiene e seguridade para o bo desenvolvemento da actividade educativa e musical.


Prezo público

De acordo coa Ordenanza 4.30. Prezo público pola prestación dos servizos da Escola Municipal de Música- Modificación aprobada por acordo do Pleno da Corporación o día 31 de outubro de 2012. Publicada no BOP da Coruña de 31 de decembro de 2012, os importes son:


Matrícula: 59,50 EUR

Cotas mensuais:

· Escola Infantil de Música: 35,65 EUR

· Especialidade instrumental (curso completo) PEX ou PEPA: 53,50 EUR

· Práctica instrumental + actividades instrumentais de conxunto: 42,80 EUR

· Formación musical complementaria a práctica instrumental: 35,65 EUR



82 views

Recent Posts

See All
  • Facebook - Círculo Negro
  • Twitter - Black Circle
  • Instagram - Negro Círculo
  • YouTube - Black Circle