INFORMACIÓN URXENTE: ASUNTO CORONAVIRUS
Estimadas familias e alumnado:
Despois da comparecencia en rolda de prensa do Presidente da Xunta de Galicia informando da suspensión das clases non centros educativos da Comunidade e despois de facer a consulta pertinente co Departamento de Educación do Concello de Santiago, a Escola Municipal de Música de Santiago de Compostela informa:
1) Suspéndense toda a actividade a partir do vindeiro luns 16 de marzo.
2) Aconséllase que na medida do posible se evite a asistencia a clase nas xornadas de hoxe, xoves 12 de marzo e venres, 13 de marzo. En ningún caso se terá en conta a falta de asistencia no expediente do alumnado.
3) Informarase puntualmente das novidades respecto desta situación a través das canles habituais: web da Escola (www.esmucompostela.es), páxina web do Concello www.santiagodecompostela.gal; redes sociais e correo electrónico.
Agardando que todo se solucione na maior brevidade posible, reciban unha cordial aperta,
Santiago de Compostela a 12 de marzo de 2020
Fernando Rey Iglesias
Director da Escola Municipal de Música de Santiago de Compostela