Search

I Andaina Musical da EMM

Updated: Mar 3

A Escola Municipal de Música celebrará o 26 de abril a súa primeira Andaina Musical. Esta nova iniciativa propón á comunidade educativa do centro unha actividade que conxugue a música e o contacto co medio ambiente, que serva ao mesmo tempo para achegar á cidadanía o traballo realizado na Escola durante o curso.


A Andaina dará comezo ás 10h na Escola Municipal de Música, e realizará un percorrido ao longo das seguintes localizacións: parque de Galeras, Finca do Espiño, Igrexa Carme de Abaixo, ruta do Río Sarela, Carballeira de San Lourenzo, e rematará no Palco da Música da Alameda en torno ás 12:30h. Durante o traxecto terán lugar diferentes actuacións musicais en distintos enclaves do mesmo.



A actividade está aberta á cidadanía maior de 6 anos, sendo necesario que os menores de 10 anos estean acompañados por un adulto responsable deles. Para participar na Andaina é imprescindible anotarse ben na secretaría da Escola, ben por medio do formulario que pode atopar na nosa páxina web. O prazo para anotarse remata o 17 de abril.




0 views
  • Facebook - Círculo Negro
  • Twitter - Black Circle
  • Instagram - Negro Círculo
  • YouTube - Black Circle