Festival de Música e Movemento
Os días 7 e 8 de maio ás 18:30h, o Teatro Principal acollerá o Festival de Música e Movemento que tradicionalmente organiza o Departamento de Música e Movemento da Escola Municipal de Música.
A idea na que se inspira o Festival de Música e Movemento xurde de dous proxectos musicais de país. “Soños na gaiola” proxecto editorial e musical baseado na obra poética de Manuel Antonio e “Na punta do pé” proxecto musical de Pesdelan, editado por Kalandraka para motivar a aprendizaxedos bailes e danzas galegas nos máis pequenos e pequenas.
Para o festival, contando con ambas propostas, fixemos unha selección pedagóxica de números musicais para cantar e bailar en galego; unha homenaxe á nosa literatura, á nosa tradición oral musical e á nosa cultura viva, patrimonio inmaterial do pobo galego.Tendo en conta que a idea orixinal do festival deste ano parte dunha homenaxe á cultura oral, literaria e musical, do pobo, pensamos en que a idea estética do festival estivese vencellada co mundo etnográfico e antropolóxico da cultura.
Acompañamos as nosas cantigas coa fotografía etnográfica e pra iso, ningún caso mellor que cunha escolma da obra fotográfica de Ruth Matilda Anderson e de José Suárez.
Cada peza estará ilustrada polo texto literario que a consta así como dunha imaxe fotográfica que poida ilustrar o acerbo cultural e cotiá galego de principios de século XX.
