Festival de fin de curso
Updated: Mar 2, 2020
50 ANOS DA CANCIÓN GALEGA
Achégase o remate do curso e a Escola Municipal de Música ten preparado, como cada ano, un festival para poder celebrar a chegada do verán. Este ano queremos facer unha homenaxe aos grandes nomes da canción galega e contaremos coa colaboración das voces de: Guadi Galego, Nastasia Zürcher, Xabier Mera, Espiño, Najla Shami, Ramón Bermejo e Rocío Jiménez. Con eles acompañados por todo o alumnado da escola poderemos disfrutar dun concerto coas cancións da nosa terra.
Animámosvos a desfrutar deste festival con nós, a entrada será de balde e pódese recoller na secretaría da nosa escola.

151 views0 comments