Search

Exposición pública listaxe definitiva de admitidos na EMM para o curso 2019/20

Updated: Mar 2

Finalizado o periodo de reclamacións ás listas provisonais de admitidos, procede a publicación da Listaxe definitiva de admitidos na Escola Municipal de Música de Santiago para o vindeiro curso 2019/20 e o proceso de matrícula, de acordo cos prazos e o procedemento aprobado pola Xunta de Goberno Local, na sesión que tivo lugar o 22 de marzo de 2019.

Os solicitantes que o desexen poderán realizar as consultas que consideren a partir de hoxe na Escola Municipal de Música, teléfonos 981 528 701/ 881956924/ 636979527 (Finca Vista Alegre. Rúa Salvadas)


Período de matrícula (do 24 de xuño ao 5 de xullo)

A matrícula formalizarase na Secretaría da EMM do 24 de xuño ao 5 de xullo. De non formalizarse a matrícula no período correspondente decaerá o dereito á praza obtida (aínda constando o alumno/a na relación definitiva de admitidos) e terase por desistido da solicitude, arquivándose o expediente e non figurando nas listas de agarda.



210 views
  • Facebook - Círculo Negro
  • Twitter - Black Circle
  • Instagram - Negro Círculo
  • YouTube - Black Circle