Search

Entradas para a Real Filharmonía de Galicia

Updated: Dec 13, 2018

Estimadas familias,


Durante o presente curso 2018-2019, tal como aconteceu en anos anteriores, a Escola Municipal de Música pon a disposición do seu alumnado, como parte da súa formación musical, entradas gratuítas para os concertos da Real Filharmonía de Galicia no Auditorio de Galicia. Dispoñemos dun total de 20 entradas por concerto, pero debido ao cambio que tivo lugar na Lei de espectáculos, o procedemento de petición e recollida de entradas, así como o de acceso ao Auditorio viuse afectado, quedando a normativa do seguinte xeito:

  • As entradas serán nominativas, polo que só a persoa solicitante da entrada poderá acceder ao concerto, presentando o DNI na entrada do mesmo.

  • Unha listaxe con nome, apelidos e DNI deberá ser remitida ao Auditorio de Galicia cunha antelación de 15 días, sendo este o tempo límite para anotarse na secretaría da EMM. Os concertos para os que dispoñemos de entrada estarán publicados no taboleiro da Escola ao inicio de cada trimestre. A listaxe para anotarse estará dispoñible un mes antes de cada concerto, e quedará pechada no momento de chegar ao límite de 20 persoas.

  • A recollida de entradas deberá facerse na taquilla do Auditorio no mesmo día do concerto entre as 19h e as 20h, presentando sempre o DNI. As entradas que non sexan recollidas antes das 20h pasarán automáticamente á venda.

  • O alumnado de PEX e Música e Movemento poderá retirar dúas entradas por concerto, para que poidan acudir acompañados dun adulto. No caso do alumnado que sexa membro da mesma familia só se entregará unha entrada a maiores para que poidan ser acompañados.

  • O alumnado de PEPA dispoñerá dunha entrada por concerto.

Temos o privilexio de ter na nosa cidade unha das mellores orquestras do país. Por iso, gustaríanos que todo o alumnado valorase a sorte de poder dispoñer destas entradas, e que na medida do posible o maior número de persoas acudise a todos os concertos.


CONCERTOS DA REAL FILHARMONÍA DE GALICIA


Xoves 24 de xaneiro, 20:30h

Real Filharmonía de Galicia

Enrico Onofri, director e violín


W. A. Mozart, Sinfonía núm. 10 en Sol maior KV 74

G. B. Sammartini, Sinfonía en La maior J-C 62 para cordas

F. J. Haydn, concerto para violín en Sol maior Hob. Vlla: 4

W. A. Mozart, sinfonía núm. 39 en Mi bemol maior, KV 543

Data límite para anotarse: 9 de xaneiro


Xoves 31 de xaneiro, 20:30h

Real Filharmonía de Galicia

Manuel Hernández-Silva, director

Berna Perles, soprano


W. A. Mozart, A Frauta Máxica. Abertura

W. A. Mozart, Misera, dove son, KV 369 (Escena e Aria)

L. v. Beethoven, As Criaturas de Prometeo. Abertura

L. v. Beethoven, Ah! Pérfido (Escena e Aria) op. 65

R. Schumann, Sinfonía núm. 3 en Mi bemol maior, op. 97 “Renana”

Data límite para anotarse: 16 de xaneiro


Xoves 7 de febreiro, 20:30h

Real Filharmonía de Galicia

Paul Daniel, director

Kun-Woo Paik, piano


G. Gershwin, Funny Face. Abertura

M. Ravel, Concerto para piano en Sol maior

W. Walton, Sinfonía núm. 1 en si bemol menor

Data límite para anotarse: 23 de xaneiro


Xoves 28 de febreiro, 20:30h

Real Filharmonía de Galicia

Jonathan Webb, director


R. Vaughan Williams, Sinfonía núm. 5 en Re maior

A. Saavedra, obra de encargo

J. Sibelius, Sinfonía núm. 6 en re menor, op. 104

Data límite para anotarse: 13 de febreiro


Xoves 14 de marzo, 20:30h

Real Filharmonía de Galicia

Baldur Brönimann, director


M. Fernández-Barrero, Nocturno Sinfónico

F. J. Haydn, Sinfonía núm. 85 en Si bemol maior “A Raiña”

M. Ravel, Pavana para unha infanta defunta

F. Schreker, Suite de “O aniversario da Infanta”

Data límite para anotarse: 27 de febreiro


Xoves 21 de marzo, 20:30h

Real Filharmonía de Galicia

Antoni Wit, director


S. Moniuszko, Abertura Paria

F. Schubert, Sinfonía núm. 3 en Re maior D200

M. Karlowicz, Sinfonía en mi “Renacemento”, op. 7

Data límite para anotarse: 28 de febreiro


Venres 29 de marzo, 20:30h

Javier Perianes, piano


F. Chopin, Nocturnos op. 48 (núm. 1 e 2)

F. Chopin, Sonata núm. 3 en Si menor op. 58

C. Debussy, Estampas

M. de Falla, Cuatro Piezas Españolas

M. de Falla, El Sombrero de Tres Picos (Selección)

Data límite para anotarse: 14 de marzo


Venres 5 de abril, 20:30h

Real Filharmonía de Galicia

Paul Daniel, director


Nicolas Angelich, piano

R. Schumann, Carnaval, op. 9 (versión orquestral de Glazunov, Risky-Korsakov e outros)

R. Holloway, Scenes from Schumann op. 13. Sete paráfrases para orquestra

X. Mariño, Obra de encargo da RFG

R. Schumann, Concerto para piano en La menor op. 54

Data límite para anotarse: 21 de marzo


Mércores 17 de abril, 20:30h

Real Filharmonía de Galicia

Paul Daniel, director

Marta Infante, mezzosoprano

Ye-Eun Choi, violín


A. Gaos, Impresión nocturna

A. Gaos, Rosa de Abril

A. Gaos, Temporal

R. Vaughan Williams, Fantasía sobre un tema de Thomas Tallis

A. Berg, Concierto para violín “A memoria dun anxo”

Data límite para anotarse: 2 de abril


Xoves 25 de abril, 20:30h

Real Filharmonía de Galicia

Eun Sun Kim, directora


Fanny Mendelssohn-Hensel, Abertura en Do maior

F. J. Haydn, Sinfonía núm. 22 en Mi bemol maior “O filósofo”

Marianne Martínez, Sinfonía en Do maior

F. J. Haydn, Sinfonía núm. 101 en Re maior “O reloxo”

Data límite para anotarse: 10 de abril


Xoves 2 de maio, 20:30h

Orquestra Sinfónica de Galicia

Eliahu Inbal, director

Okka von der Damerau, mezzosoprano


G. Mahler, Kindertotenlieder

A. Bruckner, Sinfonía núm. 7 en Mi maior WAB 107

Data límite para anotarse: 11 de abril


Xoves 9 de maio, 20:30h

Real Filharmonía de Galicia

Wayne Marshall, director e piano


G. Gershwin, Strike up the Band!

G. Gershwin, Concerto para piano en Fa maior

Y. Bowen, Sinfonía núm. 1 en Sol, op. 4

Data límite para anotarse: 24 de abril


Xoves 23 de maio, 20:30h

Real Filharmonía de Galicia

Nicolas Altstaedt, director e violoncello


M. Ravel, Le tombeau de Couperin

D. Shostakovich, Concierto para violoncello núm. 1 en Mi bemol maior, op. 107

F. J. Haydn, Sinfonía núm. 100 en Sol maior “Militar”

F. S. Kelly, Elexía “En memoria de Rupert Brooke”

Data límite para anotarse: 8 de maio



90 views
  • Facebook - Círculo Negro
  • Twitter - Black Circle
  • Instagram - Negro Círculo
  • YouTube - Black Circle