Search

Elección da letra que determina a orde de renovación da matrícula e posta de horarios curso 2020/21

Sendo as 18:08 horas, do mércores 15 de abril de 2020, procédese a realizar o sorteo público onde se determina a letra que designe a orde alfabética a seguir na renovación de matrícula e posta de horarios para o vindeiro curso 2020/21. Están presentes: Directora Técnica do Departamento de Educación do Concello de Santiago; Guillermo Alzugaray Soler, Xefe de Estudos da EMM; Sonia Collazo Romero, Secretaria Técnica da EMM e pais e nais do alumnado da EMM. 1.- Diante dos presentes realízase o sorteo aplicando a formula ALEATORIO.ENTRE (Ax,Ay) no documento excel onde figura cada letra do alfabeto,que ten asignado un número. 2.- Procédese a sacar o número que se corresponde coa letra: K. Esta letra determina a orde alfabética a seguir na renovación de matrícula e posta de horarios para o vindeiro curso 2020/21. As listaxes de alumnado por especialidade co horario de renovación de matrícula e posta de horarios serán remitidas por correo electrónico. Sendo as 18:09 horas, remátase este sorteo público do que dase fe aos efectos oportunos.


Pódese ter acceso a acta na seguinte ligazón:




68 views
  • Facebook - Círculo Negro
  • Twitter - Black Circle
  • Instagram - Negro Círculo
  • YouTube - Black Circle