Search

CICLO DE CONCERTOS NA AULA HOSPITALARIA XOVES 14 DE MARZO DE 2019 ÁS 18H

Updated: Mar 2

O xoves 14 de marzo ás 18:00h a Aula Hospitalaria do Hospital Clínico acollerá o terceiro dos concertos que a Escola Municipal de Música realizará neste presente curso, dentro do marco de colaboración existente entre o Concello de Santiago de Compostela e a Aula Hospitalaria do Hospital Clínico.

Neste terceiro concerto da EMM na Aula Hospitalaria participarán os alumnos/as do Coro Infantil (40 nenas e nenos), xunto con alumnos de piano, acompañados da súa mestra Olaia Novo.

O programa a interpretar será:

CORO PEX:

Mix TradiGalego:

“Ai se queres¨

¨Vivir en Santiago¨

¨Xa fun a Marín¨

¨Simamaka¨trad. de Ghana

¨Quen che ensinou mariñeiro¨ Cancioneiro infantil do Brasil (Judith Akoschky, 1976)

PIANOS:

Álvaro Moure: ¨Rockin´Song¨

Paulo Bazal: ¨Arabesco ¨Burgmüller Op. 100

Martín Cela: ¨Dulce Queja¨Burgmüller Op. 100

Jorge Iglesias e Pablo Iglesias: Scherzo a 4 mans en Do Maior (A. Diabeli)

Este será o terceiro concerto dun ¨Ciclo de Concertos¨ da EMM na Aula Hospitalaria que se extenderán ao longo deste presente curso 2018/2019, onde os alumnos/as da EMM poderán intercambiar experiencias cos alumnos da Aula Hospitalaria.

Máis información:

ESCOLA MUNICIPAL DE MÚSICA DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

Tfno.: 981 528701 info@esmucompostela.es www.esmucompostela.es

DEPARTAMENTO DE EDUCACIÓN DO CONCELLO DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

Tfno.: 981 554 400 dptoeducacion@santiagodecompostela.gal www.santiagodecompostela.gal


16 views
  • Facebook - Círculo Negro
  • Twitter - Black Circle
  • Instagram - Negro Círculo
  • YouTube - Black Circle