Search

Inscrición para o novo alumnado curso 2021/22

Updated: May 6

A Xunta de Goberno Local do 15 de marzo de 2021 aprobou o calendario dos prazos de reserva de praza, solicitudes de admisión e matrícula na Escola Municipal de Música para o curso escolar 2021-2022.


O día 7 de maio de 2021 publicaranse as prazas vacantes e as solicitudes de inscrición deberán presentarse entre o 10 e o 31 de maio.


As solicitudes poderán descargarse nesta web (www.esmucompostela.es) ou na páxina web do concello (www.santiagodecompostela.gal) . Tamén, poderán solicitarse a través do correo electrónico da Escola info@esmucompostela.es .


Os impresos de solicitude poden presentarse por rexistro:


De forma telemática:


A través da sede electrónica do Concello de Santiago (https://sede.santiagodecompostela.gal/ ) escolla "Inscrición na Escola Municipal de Música" dentro do catálogo de trámites dispoñible.


De forma presencial:


Mediante cita previa no Rexistro Xeral do Concello de Santiago chamando ao teléfono 881 505 107 ou a través da páxina web: https://citaprevia.santiagodecompostela.gal/





562 views0 comments

Recent Posts

See All
  • Facebook - Círculo Negro
  • Twitter - Black Circle
  • Instagram - Negro Círculo
  • YouTube - Black Circle