Profesorado da EMM
Pilar López

Comeza os estudos de contrabaixo aos 10 anos no Conservatorio Profesional de Música da Coruña da man de Antonio Portela . Continúa a súa formación no Conservatorio Superior de Música do País Vasco (MUSIKENE), onde estuda cos profesores Woflgang Güttler, Bernard Salles e Niek de Groot. Completa a súa educación recibindo clases de Carlos Méndez na Escola de Altos Estudos Musicais de Santiago de Compostela, Diego Zecharies, Alfonso Morán, xxx e Ferrán Sala entre outros.
No terreo orquestral participa coa Orquestra Xove da Sinfónica de Galicia ( OJSG), Orquesta Presjoven Ciudad de Lucena e coa Xove Orquestra Sinfónica de Soria. Tamén colabora coa Orquestra Sinfónica de Mulleres de Madrid, Real Filarmonía de Galicia, Orquesta Sinfónica do Principado de Asturias (OSPA) e Orquesta Sinfónica de Bilbao ( Bos).
No ámbito pedagóxico estuda o Máster en Formación de Profesorado na Universidade de Santiago de Compostela (USC), e asiste a distintos cursos de práctica orff, rítmica Dalcroze, percusión corporal e dirección coral.
Actualmente é membro da Orquesta de Cámara Galega e imparte clases no Conservatorio Profesional de Música de Melide, no Proxecto Resuena e na EMM de Santiago de Compostela de Contrabaixo.