Profesorado da EMM

Pablo Pascual

Naceu na Cañiza, Pontevedra, en 1976. Coma clarinetista formouse con Miguel Romea, Miguel Espejo e Felipe González, e coma clarinetista baixo con Gustavo Duarte, Henri Bok, Harry Sparnaay e Carlos Gálvez. Tamén estudou a gaita escocesa con Jean-Pierre Rogel, René Louédec e Patrick Molard.

Grabou en moreas de producións discográficas xunto a Marful, Abe Rábade, Laio, David Herrington, Jesús Santandreu, Tony McManus, Jacky Molard, Germán Díaz, Joana Machado ou Fred Martins. Ten tocado xunto a músicos coma Kepa Junkera, Harry Manx ou The Blind Boys of Alabama, en festivais en Canadá, EE.UU., Cuba, Francia, Bélxica ou Escocia. Xunto ao seu irmán Pedro, compuxeron e produciron numerosos discos e bandas sonoras.

Coma técnico reparador formouse con Emilio Carluzzi, en Módena, con Daniel Bangham, en Cambridge, e con Laurent Duchaussay, Laurent Duda e Thierry Morel, na fábrica Buffet-Crampon de Mantes-la-Ville. É profesor de clarinete e gaita na EMMSC.

pablo.pascual@esmucompostela.es

  • Facebook - Círculo Negro
  • Twitter - Black Circle
  • Instagram - Negro Círculo
  • YouTube - Black Circle