Profesorado da EMM

Oscar Fernández

Nace en Merza, Pontevedra, en 1979. Como saxofonista formouse con Juan Carlos Mazas, José Saborido, Antonio Cánovas e Alejandro Cimadevila, entre outros, asistindo a cursos de perfecionamento con Rodrigo Vila, Joel Versavaud, Andrés Gomis e Marie Bernadette.

 

É membro da Banda Artística de Merza dende 1992, coa que grava varios discos e coa que realiza xiras por Venezuela, Arxentina, Italia, e Holanda. Ten colaborado con moitas bandas de diferentes vilas de Galicia: Silleda, Agolada, Padrón, Catoira, Lalín coa que realiza unha xira por Venezuela. Tamén foi membro colaborador da Banda Municipal da Coruña. Na área da docencia conta cunha dilatada experiencia, foi mestre de saxofón nas escola de Teo, Padrón, Vilatuxe, Merza, Sanxenxo e Santa Cruz de Rivadulla, participando como músico e como docente na educación musical do seus membros.

Na actualidade é profesor de saxofón, linguaxe musical e agrupación na Escola Municipal de Música de Santiago de Compostela. O seu labor docente proxéctase na dirección da Banda desta institución, integrada por máis de trinta alumnos e alumnas, cos que ten participado en diferentes encontros e eventos musicais, procurando crear un repertorio musical bandístico para dar a coñecer a música nos diferentes espazos urbanos e nas parroquias da cidade de Compostela. Ao mesmo tempo, con outros músicos da Escola, responsabilízase da organización de concertos itinerantes polos centros de ensino de Santiago co obxectivo de difundir o gusto pola música e a incorporación de novo alumnado á educación musical

  • Facebook - Círculo Negro
  • Twitter - Black Circle
  • Instagram - Negro Círculo
  • YouTube - Black Circle