Profesorado da EMM
Mario Diz

Mario Diz é un músico que desenvolve a súa carreira profesional ligada a diversos proxectos; director da OUSC ( Orquestra dá Universidade de Santiago de Compostela) a cal dirixe desde o ano 2010, como discipulo do mestre Antón García Abril, exerce nos últimos anos unha intensa actividade compositiva para diferentes agrupacións profesionais e didácticas, entre as que, recentemente, caben destacar estreas absolutas nos dous últimos ciclos das Xornadas de Música Contemporánea organizadas polo CNDM e o encargo de «Tres Pezas Para Banda» por parte da Banda Municipal de Música de Santiago de Compostela.
Compuxo diferentes pezas para distintas agrupacións de cámara nas que ten unha mención especial a estrea e gravación por parte da laureada mezzosoprano Nuria Lorenzo coa suite de nanas «Todos os Nenos Soñan» para a formación de Mezzo, Viola e Arpa.
De 2008 a 2016 foi membro do equipo directivo da Escola Municipal de Música de Santiago de Compostela onde actualmente exerce como profesor de violín e viola, a súa paixón pola didáctica destes instrumentos reflíctese na súa recente publicación do libro «Mi Primer Violín» para a iniciación en idades temperás, que inclúe máis de 20 pezas compostas expresamente para este obxectivo; tamén en numerosos estudos comparados sobre as diferentes metodoloxías de ensino da corda friccionada co que obtén o título de Master en Teatro e Artes Escénicas pola Universidade de Vigo.