Profesorado da EMM

Marcos Teira

Nado na Pobra do Caramiñal (Galicia) o 25 de abril de 1967. Empezou a facer música moi novo en bandas de rock, seguindo a sua formación na escola de jazz “Estudio escola de música” e estudando guitarra flamenca posteriormente con Xesús Pimentel (Santiago de Compostela).

Continua a sua formación facendo varios cursos con maestros como Manolo Sanlucar, Enrique de Melchor ou Paco Peña para ampliar coñecementos da guitarra flamenca. Por outro lado estudia guitarra clásica acadando o grao profesional no Conservatorio de Carballo (A Coruña). En 2016 acada o grao superior de Guitarra Flamenca en Codarts (Rotterdam).

Xa como profesional alterna a sua faceta como guitarrista flamenco con participacións en outras bandas mais próximas ao rock ou a outras músicas. Éstas e outras experiencias lévano ao lugar no que se atopa actualmente, traballando en proxectos mais ou menos cercanos ao flamenco e o jazz.

  • Facebook - Círculo Negro
  • Twitter - Black Circle
  • Instagram - Negro Círculo
  • YouTube - Black Circle