Profesorado da EMM

Loida Díaz

Comeza os seus estudos á idade de oito anos e se gradúa no 2012 con Laura Quintillán no Conservatorio Superior de Música de Vigo sendo ao mesmo tempo alumna de Yulia Petrushevskaya, violinista da Real Filharmonía de Galicia. Tamén recibíu masterclass de Katrin Melcher e Martin Ostertag ( Freiburg, Alemania ), Raquel Castro, Gregori Nedobora, David Grimal, Ilya Fisher e Velyana Yordanova entre outros. No 2010 recibe unha bolsa de excelencia académica, concedidas pola Alcaldía de Vigo na modalidade de música de cámara e participa nun ciclo de concertos na súa mesma cidade.

Actúa como solista no Teatro A Fundación de Vigo a través da ONG “Asdegal”. Tocou con orquestras como NJO “Nederlandse Orkeste en Ensemble Academie”, OSAV “Orquesta Sinfónica de Ávila”, OSGO “Orquestra Sinfónica de Ginásio Ópera”, OSV430 “Orquesta Sinfónica Vigo 430”, OFCP “Orquesta Filarmónica Cidade de Pontevedra”, OJSG “Orquesta Joven de la Sinfónica de Galicia”, Orquestra da EAEM de Santiago de Compostela, LUCA “Lugo Camerata”, Orquestra Gaos, Orquestra Coral Casablanca, Orquestra de Camara Galega y Ensembe Galería.

No 2015 accede como academista da “Orchestra Accademia Teatro Alla Scala” di Milano, Italia e tivo a oportunidade de tocar en auditorios como o Nicholas Music Center e en New Jersey (USA) ou na Concertgebouw en Ámsterdam, entre outros. Actúa baixo a dirección de mestres como Vicente Alberola, Alejandro Garrido, Maximino Zumalave, Andrés Salado, Gordan Nikolic, Francisco Antonio Moya, Pietro Mianiti, José Sanchis, Susanna Mälkki, Javier Viceiro Figueroa e tivo a oportunidade de tocar con maestros como Cristophe Coin, Gordan Nikolic, Nicolas Dautricourt, Aki Saulière, Velyana Yordanova, Javier Perianes, Celine Flamen, Alexis Cardenas, David Quiggle, Alejandro Garrido, Anna Fedorova, Paquito d’Rivera, Rusanda Panfili, Bonnie Tyler e Alejandro Sanz co que gravou o videoclip de “Un Zombie A La Intemperie” no 2015. Nese mesmo ano formóu parte dun proxecto de campamento musical en Alemania, impartindo clases de violín, música de cámara e de orquestra “Melodius Camp” en Schloss Krochlendorff.  Actualmente é profesora na Escola Municipal de Música de Santiago de Compostela, compaxinando a súa docencia cos seus proxectos musicais en diferentes agrupacións como na “Orquesta Sinfónica Vigo 430”, a “Orquestra de Camara Galega”, o Enemble Galería ou “MITIC” Espectáculos.

  • Facebook - Círculo Negro
  • Twitter - Black Circle
  • Instagram - Negro Círculo
  • YouTube - Black Circle