Profesorado da EMM

Francisco García

foto_edited.jpg

Natural de Puerto de la Cruz, Tenerife, 1984, comeza os seus estudos de Guitarra Eléctrica con Eliseo Lloreda na EMM de Los Realejos, desde onde accede e termina os estudos de Guitarra Jazz no Conservatorio Superior de Música de A Coruña en 2015. Asistiu a numerosas master class entre as que destacan: Pat Martino, Scott Henderson, Sylvain Luc, etc.

Destaca a súa participación na grabación do primeiro disco de MGV Quartet en 2017 e no proxecto Fuliada na Vila en 2018, que combina folclore galego con música moderna. Tocou con Kike Perdomo, Miguel Cabana e Íñigo Azurmendi entre outros. Actualmente mantense en activo en diversos proxectos de música moderna.

Desde 2015 é o profesor de Guitarra Eléctrica na Escola Municipal de Música de Santiago e no curso 2017/18 foi profesor de Guitarra no Conservatorio Profesional de Melide.

francisco.garcia@esmucompostela.es

  • Facebook - Círculo Negro
  • Twitter - Black Circle
  • Instagram - Negro Círculo
  • YouTube - Black Circle