Profesorado da EMM

Fernando Rey

Comeza os seus estudos musicais á idade de 6 anos na Escola de Música Santa Cruz de Rivadulla da man do mestre Delio Represas Carrera. Continúa os seus estudos musicais no Conservatorio de música de Santiago de Compostela, posteriormente os amplia no Conservatorio Superior de Música de Vigo.

Estudiou trompeta con Delio Represas, Juan Lois Diéguez, Javier Viceiro, Luis Gónzalez, José Vicente Simeó e Adolfo Caride. Asiste a cursos  con José María Ortí Soriano ( ONE)  Benjamín Moreno (RTVE ) Javier Simó Echarte (RFG) John Aigi Hurn (OSG ) , Luis González ( Solista Internacional )  José Vicente Simeó ( Conservatorio Superior de Vigo )  Bo Nilsoon ( Malmö Academy of Music) Mireia Farrés ( Orquesta Sinfónica de Barcelona)

 

No campo da música de  cámara colabora co Quinteto Galicia, e con Silleda Brass Emsemble. No campo da música de banda e menbro da Banda Harmonía de Galicia, Banda Sinfónica de Galicia, e colaborardor habitual de diferentes bandas de música da xeografía galega.

 

No campo Orquestal é colaborador da Orquesta da Real Filarmonía de Galicia , Orquesta Sinfónica de Galicia , Orquesta de Camara Galega , Orquesta Clásica de Vigo , Orquesta Sinfonieta de Vigo, Orquesta Sinfónica de Viana do Castelo , Orquesta Ciudad de Granada , Orquesta Sinfónica de Pontevedra etc…

 

Comeza a estudiar dirección de banda co mestre Juan Lois Dieguez. Do mesmo xeito asiste a cursos con mestres coma Javier Viceiro Filgueira ( Orquesta Sinfónica de Pontevedra ) Marcel Van Brick ( Banda Municipal de Coruña ) entre outros . Estudia Dirección de Orquesta e Banda co mestre Navarro Lara, para obter a Licenciatura  en Dirección de Orquesta e Banda pola Associated Board of the Royal Schools of Music de Londres

 

No ámbito profesional  é director da Escola de Música Santa Cruz de Rivadulla dende 2011 . Do mesmo xeito é o subdirector da Banda de Música Santa Cruz de Rivadulla.

Dendo o 2017 é o director da Escola Municipal de Música de Santiago de Compostela.

  • Facebook - Círculo Negro
  • Twitter - Black Circle
  • Instagram - Negro Círculo
  • YouTube - Black Circle