escola infantil de música

De 3 a 7 anos

A EMM de Santiago de Compostela oferta educación musical dende os 3 anos de idade en adiante.

A Escola Infatíl de Música é a Área que acolle a ensinanza de Música e Movemento de 3 a 5 anos e a ensinanza de Iniciación á Linguaxe Musical entre os 6 e 7 anos.

Estas especialidades desenvolveránse en dúas sesións semanais na primeira franxa de entre 3 e 5 anos cunha duración de 45 min. por sesión e na segunda entre os 6 e 7 anos cunha duración de 1h. por sesión.

A EMM de Santiago promove unha metodoloxía adaptada a unha oferta de formación músical que ven desenvolvendo dende os últimos anos de xeito específico do centro, onde o alumnado poderá adiantar moitas das cuestións fundamentais necesarias de lecto-excritura, ritmo e entonación e audición para un máximo desenvolvemento posterior á hora de tocar un instrumento.

 

  • Facebook - Círculo Negro
  • Twitter - Black Circle
  • Instagram - Negro Círculo
  • YouTube - Black Circle