Escola Aberta

A Escola Municipal de Música de Santiago de Compostela oferta actividades de práctica musical en grupo, abertas a todos os interesados, coa duración dun curso escolar e destinadas exclusivamente á interpretación da música en colectividade ou á adquisición de destrezas en formación complementaria.

Cada unha delas presenta diferentes requisitos e admiten aos participantes que o soliciten en función do espazo dispoñible, independentemente de que estean matriculados ou non nalgún plan de estudos da Escola. As materias ofertadas en aula aberta son todas as correspondentes ao departamento de formación musical complementaria e ao Departamento de Actividades de Conxunto.

  • Facebook - Círculo Negro
  • Twitter - Black Circle
  • Instagram - Negro Círculo
  • YouTube - Black Circle