Día da paz e

a non violencia

mércores 30 de xaneiro

O Día Escolar da Non-Violencia e da Paz foi fundado en 1964 polo poeta e pacifista maiorquín Llorenç Vidal. É definida como unha xornada educativa de pacificación, co fin de levar aos educandos a través da reflexión persoal ao descubrimento da mensaxe fundamental de que “o amor é mellor que o odio, a Non-violencia mellor que a violencia e a paz mellor que a guerra” (Vidal, 1972).


Dende a Escola Municipal de Música de Santiago de Compostela queremos convidalos a participar na celebración deste día cun concerto que se celebrará mañá, mércores 30 de xaneiro de 2019, ás 18:30 horas no Auditorio da propia Escola, coa participación, entre outras agrupacións, da Orquestriña que dirixe Loida Díaz, e un grupo de alumnos e alumnas de Música e Movemento, que interpretarán unha canción.

  • Facebook - Círculo Negro
  • Twitter - Black Circle
  • Instagram - Negro Círculo
  • YouTube - Black Circle