Profesorado da EMM

David Nogueira

Nacido no rural do concello de A Estrada, os 6 anos comeza a estudiar a gaita no Ceip do Foxo, mentres realizaba os seus estudos de primaria, coa idade de 10 anos inicia os estudios musicais no Conservatorio Profesional de A Estrada na especialidade de clarinete onde realiza o grao elemental e parte do profesional.

 

Co afán de aumentar o coñecemento musical decide rematar o Grao Profesional no Conservatorio Profesional de A Coruña. Despois de finalizar o Grao Profesional, accede ó Grao Superior de música no Conservatorio Superior  desta  cidade. Realiza cursos de clarinete cos profesores José Luis Estelles, Juan Ferrer, Yehuda Gilad, Arno Piter, Josep Fuster.

Como tamén cursos  de respiración coa profesora Serra Bargalló; cursos de formación pedagóxica, “Aprendizaxe Cooperativo”, “TIC na aula”, “Home Studio e Informática Musical”. Ademáis asiste a clases na Central Folque de música tracional na especialidade de gaita, co mestre Edelmiro Fernández.

 

Actualmente desempeña a sua labor docente na Escola Municipal de Música de Santiago de Compostela, tamén na Escola Municipal de Cee, no Conservatorio Histórico de Santiago de Compostela e no Conservatorio Profesional de Musica do Concello de Melide,  como tamén na Asociación Tamparrantán de música tradicional no Concello de A Estrada.

  • Facebook - Círculo Negro
  • Twitter - Black Circle
  • Instagram - Negro Círculo
  • YouTube - Black Circle