danza tradicional

A EMM engade á súa formación dentro do Seminario de Música Tradicional a especialidade de Danza trad. con dúas ofertas educativas diferenciadas.

 

DANZA PARA IDADES TEMPERÁS

 

Esta formación vai dirixida aos nenos e nenas de entre 4 e 7 anos de idade, pretendendo fomentar o gusto e curiosidade pola aprendizaxe da danza, o baile e a música tradicional galega.

Algúns dos contidos que se abordarñan serñan traballar a través de diferentes ritmo e coreografías propias da música tradicional galega a perspectiva de xénero, a expresión corporal ou a orientación espacial con respecto ao propio corpo e ao dos demais. A música, a danza, o movemento e o xesto utilízase como recursos para expresar e comunicar emocións, mensaxes sinxelas, e como xeito de relación social.

 

DANZA TRADICIONAL

 

Con dous itinerarios diferentes segun idades, a danza tradicional é unha disciplina na que a música toma forma xunto coa expresión corporal nos que se utilizarán os elementos tradicionais xa dispostos na nosa cultura, tanto na coreografía como no ritmo. Esta disciplina traballa elementos transversais a demáis dos propiamente físicos dun xeito lúdico no que intenta fomentar o gusto e a curiosidade pola aprendizaxe destas especialidade.

 

 

  • Facebook - Círculo Negro
  • Twitter - Black Circle
  • Instagram - Negro Círculo
  • YouTube - Black Circle