Concertos na

Aula Hospitalaria

xoves 24 de xaneiro

Cuarteto de Clarinetes

O xoves 24 de xaneiro celebrarase o primeiro dos concertos que a Escola Municipal de Música realizará neste presente curso no marco de colaboración existente entre o Concello e a Aula Hospitalaria do Hospital Clínico. A sesión será ás 18:00 horas e nela participarán os/as alumnos/as de clarinete María Caneda, Antón Pontevedra e Nerea Botana, co acompañamento do seu mestre Pablo Pascual.

Neste concerto interpretarán un programa integrado polas seguintes pezas: "Gallito" (S. Lope), "Get lucky" (Daft Punk), "O Carteiro e Pablo Neruda" (L. Bacalov), "Happy" (P. Williams), "Capriole suite" (J. Dowland), "Vals de Amelie" (Y. Tierssen) e "A Santiago voy" (P. Romo).

Esta será a primeira entrega dun ciclo de concertos da EEM na Aula Hospitalaria que se estenderá ao longo do curso 2018/2019, no que o alumnado da Escola poderá intercambiar experiencias cos rapaces e rapazas desta Aula.

  • Facebook - Círculo Negro
  • Twitter - Black Circle
  • Instagram - Negro Círculo
  • YouTube - Black Circle