Concerto de colaboración co IV ciclo da USC
Mércores 4 de decembro
A Orquestra Infantil, a Orquestra Sinfónica e máis o Grupo de Percusión da EMM ofreceron un concerto interxeracional ás persoas participantes no programa do IV Ciclo da USC
O salón de actos da Escola Municipal de Música, acolleu este mércores 4 de decembro un concerto interxeracional no marco do Programa Universitario de Maiores do IV Ciclo da USC. Esta actividade é froito do convenio de colaboración asinado en decembro de 2015 entre o Concello e a USC para a realización de actividades no ámbito da educación non formal e de convivencia.
O obxecto deste convenio é promover que o alumnado do Programa Universitario de Maiores (IV Ciclo) dos Campus de Lugo e Santiago, participe da oferta educativa do Departamento de Educación e doutros servizos municipais con programas transversais de interese para este colectivo.
O Programa Universitario de Maiores do IV Ciclo, que está aberto ás persoas maiores de 50 anos, puxo en marcha un programa de actividades formativas e culturais que teñen por finalidade a aprendizaxe e a interdisplinariedade no ámbito da educación formal e non formal. Ten interese en fomentar a participación cidadá no municipio de Santiago a través da oferta que o Departamento de Educación e Cidadanía e doutros servizos municipais posúe.
En desenvolvemento do devandito convenio de colaboración, desenvolveuse no Auditorio da Escola Municipal de Música unha nova actividade organizada polo Programa Universitario de Maiores do IV Ciclo e o Departamento de Educación do Concello de Santiago. Nesta ocasión foi a Escola Municipal de Música a que desenvolveu un Concerto Didáctico Interxeracional, no que tres agrupacións, a Orquestra Infantil, Orquestra Sinfónica e máis o Grupo de Percusión da Escola Municipal de Música, cos seus directores á fronte, Fernando Rey, Loida Díaz e Antonio Ocampo, ofreceron ao alumnado do IV Ciclo un repertorio musical resultado do traballo que o alumnado de idades tan diversas veu desenvolvendo nos últimos meses.
Programa do concerto
Orquestra Infantil
March and Canon. Tom May
Wonderlad Oberture, Stephen Bulla
Directora: Loida Diaz
Orquestra Sinfónica
Solemn Processional, Gustav Mahler (Arrx.Fernando Rey)
River Flows in You, Yiruma (Arrx.Fernando Rey)
Alice in Wonderland, Danny Elfman (Arrx.Fernando Rey)
Director: Fernando Rey
Grupo de Percusión
Cumbachero, Rafael Hernández
Director: Antonio Ocampo