Profesorado da EMM

Bleuenn Lefreic

Procedente de Bretaña, Bleuenn Le Friec comeza a súa formación musical coa arpa celta. Despois de licenciarse en Musicoloxía, inicia a carreira de arpa clásica en Musikene (San Sebastián) con Frédérique Cambreling. Completa a súa formación en Alemania nos conservatorios de Detmold e Frankfurt con Godelieve Schrama e Françoise Friedrich.

Bleuenn foi integrante da JONDE, da Gustav Mahler Jugendorchester e da Verbier Festival Orchestra. Foi membro da Lucerne Festival Academy coa que realizóu giraspor EEUU e Xapón. No seno de esta academia foi escollida para tocar a parte de arpa solista de Répons de P. Boulez baixo a dirección do propio compositor. Volveu ó Festival de Lucerna en 2011 para tocar Freude de K. Stockhausen a dúo con Frédérique Cambreling.

 

Foi arpa solista da Neubrandenburger Philharmonie de 2011 a 2013. Bleuenn é solista invitada de diversas orquestas do panorama musical europeo (Royal Liverpool Philarmonic Orchestra, Gran Teatro del Liceu de Barcelona, Orquesta Sinfónica de las Islas Baleares, Real Filharmonía de Galicia...).

 

Así mesmo realiza frecuentes colaboracións con orquestas como a Ópera de Frankfurt, Bremer Philarmoniker, Orquesta Nacional de España, Orquesta Sinfónica de Castilla y León, Orquesta Sinfónica de Porto, Orquesta Sinfónica de Galicia, Orchestre National de France así como con diferentes agrupacións de música contemporánea como o Ensemble Intercontemporain ou o Plural Ensemble. Tocou baixo a batuta de directores como Antonio Pappano, Lionel Bringuier, Vasily Petrenko, Ivan Fischer ou Josep Pons, entre outros.

 

Paralelamente á súa intensa actividade como intérprete, é profesora de arpa e de música de cámara no Conservatorio Superior de A Coruña así como de arpa celta na Escola Municipal de Música de Santiago de Compostela.

bleuenn.lefriec.seminariotrad@esmucompostela.es

  • Facebook - Círculo Negro
  • Twitter - Black Circle
  • Instagram - Negro Círculo
  • YouTube - Black Circle