Curso de violín tradicional e folc

2015-16

 

preinscrición

acepto as normas e bases da EMM para realizar esta preinscripción no Curso de Iniciación a harmonía tradicional e arranxo folc

Curso da EMM de Santiago de especialización no violín tradicional e folc Impartido polo profesor Quim Farinha.

Clases de 1 hora de duración que inclúe 30 min.activo e 30 min. de oínte.

As clases serán xoves pola tarde ou venres de mañá.

 

Prezo: 53,50 € / mes        

Consonte o disposto na Lei Orgánica 15/1999, de 13 de decembro, de Protección de Datos de Carácter Persoal, os seus datos serán tratados de xeito confidencial e poderán ser incorporados aos ficheiros do Concello de Santiago de Compostela relacionados con este trámite, coa finalidade de utilizalos para as xestións municipais derivadas de procedementos e consultas que inicia a persoa interesada con esta solicitude. En calquera momento poderá exercitar os dereitos de acceso, cancelación, rectificación e oposición comunicándoo por escrito,que se presentará no Rexistro Xeral do Concello.

     Normas xerais:

 

  1. Este formulario de preinscrición on-line é unha reserva para a realización da matrícula no curso ou obradoiro, en ningún caso é un dereito á participación na actividade, a EMM poñeráse en contacto polas distintas canles posibles para proceder á matrícula no curso ou obradoiro.

  2. O pagamento realizarase por meses anticipados dentro dos 8 primeiros días de cada mes. A falta de pagamento dunha mensualidade implicará a baixa automática na escola.

  3. No suposto de que con posterioridade á presentación da solicitude e antes do primeiro día de clase, o solicitante desistise por escrito do servizo solicitado, procederase á devolución de oficio do importe aboado.

  4. As solicitudes de baixa deberán ser presentadas sempre por escrito e antes do día 25 de cada mes na EMM. De non ser así cargarase o recibo correspondente ao mes seguinte.

  5. As clases só poderán asistir aqueles/as alumnos /as matriculados/as na Escola, que teñan aboado os importes correspondentes ás taxas de matrícula e as mensualidades nos prazos establecidos. Os usuarios que non teñan pagado as cotas correspondentes serán dados de baixa automáticamente.

  6. As clases impartiranse nas instalacións da Escola Municipal de Música de Santiago de Compostela (R/ Proxecto Vagalume, 2- CP: 15704, Santiago) durante o curso escolar, respectando os períodos vacacionais do calendario escolar establecido pola Consellería de Educación da Xunta de Galicia no curso escolar.

  7. A asistencia ás clases é obrigatoria. No caso de ausencias inxustificadas (como máximo 3 por curso / obradoiro ) ou incumprimento das normas que regula o Proxecto educativo do Centro, a Comisión de Coordinación Pedagóxica tomará as medidas oportunas, incluso a baixa no centro, logo da comunicación e acordo co Departamento de Educación do Concello de Santiago.

  8. A Estrutura e o Plan de estudos pode facer necesaria a flexibilidade nos horarios (reestruturación de grupos, promoción dos niveis de ensino, audicións colectivas,…) polo que poderán ser modificados ao longo do curso.

  9. En calquera caso, a preferencia por un horario e/ou profesor/a non é un dereito.

  10. Cando un alumno/a non poida acudir a clase, prégase sempre que sexa posible, que se realice a correspondente comunicación ao centro coa maior antelación posible.

  11. Para a comunicación co equipo directivo e o profesorado da EMM, deberán respectarse os horarios de atención ao público expostos no taboleiro de anuncios.

  12. A sinatura do impreso de matrícula conleva a aceptación das normas xerais da Escola Municipal de Música de Santiago de Compostela.

  • Facebook - Círculo Negro
  • Twitter - Black Circle
  • Instagram - Negro Círculo
  • YouTube - Black Circle