preinscrición
Iniciación á improvisación e conxunto folc
Seminario de Música Tradicional
Curso Impartido polos profesores do Seminario de Música Tradicional Javier Díaz e Pedro Pascual.
de xaneiro a xuño
Clases mensuais en mércores ( horario a determinar )
20 de xaneiro / 17 de febreiro / 16 de marzo / 20 de abril / 18 de maio / 15 de xuño
25€ / mes
acepto as normas e bases da EMM para realizar esta preinscripción no Curso de Harmonía e Arranxo Folc
Consonte o disposto na Lei Orgánica 15/1999, de 13 de decembro, de Protección de Datos de Carácter Persoal, os seus datos serán tratados de xeito confidencial e poderán ser incorporados aos ficheiros do Concello de Santiago de Compostela relacionados con este trámite, coa finalidade de utilizalos para as xestións municipais derivadas de procedementos e consultas que inicia a persoa interesada con esta solicitude. En calquera momento poderá exercitar os dereitos de acceso, cancelación, rectificación e oposición comunicándoo por escrito,que se presentará no Rexistro Xeral do Concello.
Normas xerais:
-
Este formulario de preinscrición on-line é unha reserva para a realización da matrícula no curso ou obradoiro, en ningún caso é un dereito á participación na actividade, a EMM poñeráse en contacto polas distintas canles posibles para proceder á matrícula no curso ou obradoiro.
-
O pagamento realizarase por meses anticipados dentro dos 8 primeiros días de cada mes. A falta de pagamento dunha mensualidade implicará a baixa automática na escola.
-
No suposto de que con posterioridade á presentación da solicitude e antes do primeiro día de clase, o solicitante desistise por escrito do servizo solicitado, procederase á devolución de oficio do importe aboado.
-
As solicitudes de baixa deberán ser presentadas sempre por escrito e antes do día 25 de cada mes na EMM. De non ser así cargarase o recibo correspondente ao mes seguinte.
-
As clases só poderán asistir aqueles/as alumnos /as matriculados/as na Escola, que teñan aboado os importes correspondentes ás taxas de matrícula e as mensualidades nos prazos establecidos. Os usuarios que non teñan pagado as cotas correspondentes serán dados de baixa automáticamente.
-
As clases impartiranse nas instalacións da Escola Municipal de Música de Santiago de Compostela (R/ Proxecto Vagalume, 2- CP: 15704, Santiago) durante o curso escolar, respectando os períodos vacacionais do calendario escolar establecido pola Consellería de Educación da Xunta de Galicia no curso escolar.
-
A asistencia ás clases é obrigatoria. No caso de ausencias inxustificadas (como máximo 3 por curso / obradoiro ) ou incumprimento das normas que regula o Proxecto educativo do Centro, a Comisión de Coordinación Pedagóxica tomará as medidas oportunas, incluso a baixa no centro, logo da comunicación e acordo co Departamento de Educación do Concello de Santiago.
-
A Estrutura e o Plan de estudos pode facer necesaria a flexibilidade nos horarios (reestruturación de grupos, promoción dos niveis de ensino, audicións colectivas,…) polo que poderán ser modificados ao longo do curso.
-
En calquera caso, a preferencia por un horario e/ou profesor/a non é un dereito.
-
Cando un alumno/a non poida acudir a clase, prégase sempre que sexa posible, que se realice a correspondente comunicación ao centro coa maior antelación posible.
-
Para a comunicación co equipo directivo e o profesorado da EMM, deberán respectarse os horarios de atención ao público expostos no taboleiro de anuncios.
-
A sinatura do impreso de matrícula conleva a aceptación das normas xerais da Escola Municipal de Música de Santiago de Compostela.