Profesorado da EMM
Beatriz Busto

Mestra en Educación Musical pola Universidade de Vigo e Licenciada en Historia e Ciencias da Música e en Antropoloxía Social e Cultural pola Universidade Autónoma de Madrid acadou o Título de Doutora en Antropoloxía Social da universidade madrileña o pasado 19 de decembro de 2016 cunha tese enmarcada na especialidade da Etnomusicoloxía, merecendo a máxima cualificación. O seu percorrido investigador céntrase na construción cultural do estereotipo asociado a Galicia a partir do uso do folclore musical durante a ditadura franquista.
Exerce actividade pedagóxica como especialista da área de Música e Movemento na Escola Municipal de Musica de Santiago de Compostela onde centra o seu traballo na pedagoxía musical en idade infantil con alumnado de 3 a 5 anos. Exerce tamén docencia teórica para adultos e adultas na área de Etnomusicoloxía e na de Arqueoloxía da Música en Europa. A simultaneidade da súa vida investigadora e docente, así como as diversas especialidades nas que está formada academicamente, proporciónanlle perspectivas práctico-teóricas diversas e interesantes dende as que exerce a súa actividade profesional.