Profesorado da EMM

Adrián Saavedra

Adrián Saavedra (Pontevedra, 1987) é Licenciado en Composición pola Escola Superior de Música de Catalunya ESMUC e titulado en grao profesional na especialidade de Piano Clásico polo Conservatorio Manuel Quiroga de Pontevedra. Estudia Análise e Composición de Música de Cine con Joan Albert Amargós, Lluís Verges e José Nieto, así como Composición de Jazz / Música Moderna con Gary Willis, Pep O’Callaghan e Tim Garland. Traballa coma compositor, arranxista, produtor musical e intérprete.

Ten unha relación moi directa cas bandas de música do país, para as que traballa asiduamente, como a Banda Municipal de A Coruña, Santiago de Compostela, Pontevedra, Silleda, entre outras, a raíz da presentación en 2010 do proxecto The Rock Band Show, para grupo de rock e banda de música. A partir deste proxecto xurdiron unha serie de encargas para distintas formacións: Kallah Pallah, Odaiko Sinfónico, Vaia Banda...

Para orquestra sinfónica, colabora en proxectos didácticos co grupo de metais Hércules Brass e a Orquestra Sinfónica de Galicia (2015) con Abraham Cupeiro grava o disco Os Sons Esquecidos ca Real Filharmonía de Galicia (2017) e o proxecto Panxea estreado en 2019 tamén coa RFG e gravado coa Royal Philharmonic Orchestra nos estudios Abbey Road de Londres.

Como compositor para medios audiovisuais colabora ata en 4 ocasións ca directora celanovesa Xudit Casas no xénero da curtametraxe, ca que presenta Sobre a Morte do Bieito (2009), Carta a Rosalía/Curta de Rosalía (2010), Recompuesto (2011) e Tercera Oportunidad (2012). En 2017 presenta a curtametraxe Insomnia dirixida por Ana de Nevado (Madrid).

Tamen traballa como produtor musical en varios títulos como Os Tres Tenedores “Cocido Sinfónico” (2014), Puntada sen fío “A lúa prendeu a luz” (2015), Odaiko e Vanesa Muela “Camino de vuelta” (2016)...

  • Facebook - Círculo Negro
  • Twitter - Black Circle
  • Instagram - Negro Círculo
  • YouTube - Black Circle