Acto contra a violencia de xénero
venres 23 de novembro
O domingo 25 de novembro celébrase o Día Internacional da Eliminación da Violencia contra as Mulleres. Co obxectivo de promover e facer visible o rexeitamento da cidadanía ante calquera tipo de violencia contra as mulleres, o Concello de Santiago pon en marcha por cuarto ano consecutivo a campaña de sensibilización "Compostela, en Negro". A Escola Municipal de Música de Santiago de Compostela súmase á iniciativa un ano máis, e ademáis do mural en memoria das vítimas que está situado no vestíbulo, o venres 23 de novembro ás 19:30h o alumnado da EMM lerá un manifestó e a comunidade educativa gardará un minuto de silencio no vestíbulo da Escola en homenaxe a todas as mulleres asasinadas, Despois, os alumnos e alumnas poñerán nome a cada unha das vítimas nas historias que conforman o mural, acompañado polo son dunha saxofonista.
